Elgoibar
Elgoibar
Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, á beira do río Deba (10.989 h [1996]). É un importante núcleo metalúrxico (maquinaria industrial, ferraxería, máquinas de coser) e siderúrxico (laminado, fundición). O seu desenvolvemento industrial comezou no s XVI coa fabricación de armas, e incrementouse cara ao 1857 coa creación de factorías de laminado. No s XIX acadou relevancia o balneario de Alzola. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Bertomeu (s XVIII) e as casas do concello (s XVIII), de Olsao e Carquizano, declaradas Ben de Interese Cultural en 1964 xunto ao pórtico do cemiterio.