elipse
(< lat ellipsis < gr ἕλλειψις ‘falta’)
-
s
f
[MAT]
Curva pechada que resulta da intersección dunha superficie cónica cun plano que non é paralelo a ningunha xeratriz nin ao eixe daquela; é, xa que logo, unha cónica. A súa ecuación en coordenadas cartesianas referidas aos seus dous eixes perpendiculares de simetría é (x 2 /a 2 )+(y 2 /b 2 )=1, onde a é o semieixe maior e b o semieixe menor. A elipse verifica que a suma das distancias dun punto calquera da curva a dous puntos fixos chamados focos é unha cantidade constante. A cantidade e=Ö1-(b 2 /a 2 ) é a excentricidade da elipse, que sempre é menor ca 1. Cando e=0 a elipse convértese nunha circunferencia. A área dunha elipse de semieixes a e b é S=πab.
-
s
f
[LING]
Supresión dalgún elemento lingüístico que debería estar presente desde a perspectiva gramatical e lóxica, pero que se pode deducir con facilidade do contexto, posto que non impide a comprensión integral do sentido do enunciado.
-
s
f
[LIT]
Técnica temporalizadora empregada na narrativa, e tamén no teatro ou na poesía de compoñente narrativo, que consiste en suprimir algunhas partes da historia ou sucesión cronolóxica dos feitos de xeito que o tempo do relato ou modo no que se contan tales feitos sexa menor ca o da historia. Máis adiante, os acontecementos omitidos poden ser recuperados mediante a analepse ou secuencia retrospectiva.