elipsoide
(
-
adx
Que ten forma de elipse.
Ex: Os balóns de rugby son elipsoides.
-
s
m
[MAT]
Superficie de segundo grao ou cuádrica con centro que ten por ecuación (x 2 /a 2 )+(y 2 /b 2 )+(z 2 /c 2 )=1 se os eixes de coordenadas son os propios da cuádrica. Unha elipse que xire ao redor do seu eixe menor determina un elipsoide achatado e unha elipse que xire ao redor do seu eixe maior determina un elipsoide alongado. Cando a=b=c=r o elipsoide convértese nunha esfera de radio r.
-
elipsoide de deformación
[XEOL]
Figura sólida onde todas as seccións planas son elipses ou círculos, empregada para representar os valores de deformación dun material.
-
elipsoide de índice
[FÍS]
Elipsoide que ten as lonxitudes dos tres eixes perpendiculares proporcionais aos índices de refracción ao longo de cada unha das directrices que estes eixes sinalan nun medio opticamente anisótropo.
-
elipsoide internacional
[XEOG]
Forma matemática exacta do elipsoide adoptada polo convenio internacional referente ao achatamento da Terra, que se emprega como referencia en cartografía.
-
elipsoide terrestre
[XEOG]
Elipsoide aplanado que ten o eixe menor paralelo ao eixe da Terra, e que se emprega en xeodesia para aproximar matematicamente a forma do xeoide.