El-Mansûra
El-Mansûra
Capital do mu ḥ āfa ẓ a de Daqahlîya, Exipto, situada no delta do río Nilo (369.409 h [1996]). É un importante centro comercial e industrial, principalmente nos sectores téxtil e alimentario. Fundada polo sultán Al-Kamil entre 1218 e 1221, do seu patrimonio cultural destaca a casa medieval onde sufriu prisión o Rei Luís IX o Santo de Francia.