2 elo

2 elo

(

pron n

Pronome persoal tónico neutro de terceira persoa. Documéntase no galego medieval ata o s XVI coa función de complemento tras preposición (cõ elo; por ello), no galego moderno é unha forma en desuso que apenas se conserva nalgunhas frases feitas (estar a elo). No seu lugar, a lingua habilitou outros recursos como o uso dos demostrativos neutros (isto, iso, aquilo) ou do pronome masculino invariable el (El era o libro que buscabas. Mercou unha casa nova e el supuxo un grande esforzo). OBS: Algúns estudiosos consideran que o seu uso, reducido aos rexistros cultos, se debe a un castelanismo ou a un arcaísmo, polo que recomendan empregalo só nas construcións xenuinamente galegas.