elongación

elongación

(

  1. s f [ASTRON]

    Distancia angular dun astro con respecto ao Sol, ou dun satélite con respecto ao seu planeta, medida por un observador que está situado na Terra. A elongación mídese en graos, a partir do Sol e na dirección L ou O (elongación oriental ou occidental, respectivamente). Unha elongación de 0° corresponde a unha conxunción, unha de 90° a unha cuadratura e unha de 180° a unha oposición. No caso dos planetas inferiores, non é posible alcanzar a cuadratura, senón que a elongación presenta uns máximos.

  2. s f [FÍS]

    Distancia que separa unha partícula oscilante da posición de equilibrio en cada momento. A elongación máxima é a amplitude da oscilación.

  3. s f [MED]

    Extensión, tracción ou estiramento dun tecido, especialmente do muscular.

  4. s f [MED]

    Subluxación ou luxación imperfecta dunha articulación.

  5. s f [BIOL]

    Movemento de células que ten lugar no proceso de gastrulación.