Elorrio

Elorrio

Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, na marxe esquerda do río Deba (7.338 h [1996]). Amais da agricultura e da gandería, as principais actividades económicas céntranse na fabricación de mobles, a fundición e a industria téxtil. Fundada polo conde Tello en 1356, o conxunto histórico artístico da vila foi declarado Ben de Interese Cultural en 1964. Durante os ss XVII e XVIII edificáronse diversas casas señoriais, entre as que destaca o palacio de Tola de Gaytan, declarado Ben de Interese Cultural en 1980. Fóra da vila sitúase o cemiterio medieval de Argineta, declarado Ben de Interese Cultural en 1931.