Emancipación, La
Emancipación, La
Publicación editada na cidade de Pontevedra en 1895. Reapareceu nunha segunda época, o 18 de decembro de 1898, baixo o rótulo de “Semanario socialista” e “Semanario socialista obrero”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de X. A. Antúnez, nos de Cerdeira e Fariña, e na prensa de Valentín Peña. Voceiro da Federación Local de Trabajadores de Pontevedra, contou coa colaboración de Emiliano Iglesias. Na práctica, sen embargo, tan só se editaron dous números e, tras unha suspensión gobernativa, un suplemento datado o 8 de febreiro de 1899.