embigo

embigo

(< lat umbilīcu)

  1. s m [ANAT]

    Marca arredondada e engurrada presente na zona central do ventre dos mamíferos que deixa a sección do cordón umbilical tralo nacemento.

  2. s m [ZOOL]

    Espacio central deprimido que presentan as cunchas dos gasterópodos.

  3. s m

    Centro dalgunha cousa.

    Ex: Pensa que é o embigo do mundo.

  4. embigo de Venus [PLANTA]

    couselo.

Palabras veciñas

embetumar | embicadar | embicar | embigo | embigueira | embióptero -ra | embiorrado -da