Emex

Emex

Xénero de herbáceas glabras e monoicas, da familia das poligonáceas, de talo de ata 40 cm de alto, con raíz napiforme e follas ovadotriangulares. As flores son de cor verde, cos tépalos frutíferos endurecidos, os tres externos cunha espiña forte e o estigma lacinado, as masculinas en cimas terminais con seis estames e as flores femininas sésiles en glomérulos axilares. En Galicia está presente a especie E. spinosa en solos areosos do noroeste do país.