emic*

emic*
adx [ANTROP]

Relativo ou pertencente á descrición dunha cultura dende o seu interior e á busca dunha visión comprensiva, polo que se basea na lóxica e nas categorías nativas. O observador tenta captar as formas de percepción dos membros de cada cultura en concreto e o xeito no que estes describen o seu mundo. O concepto introduciuse na antropoloxía dende a análise fonolóxica da lingüística, e fai referencia ao problema metodolóxico da perspectiva dende a que se describe ou se analiza a realidade. OBS: Oponse a etic.