emisora

emisora

(< emisor)

s f [COMUN]

Centro que reúne as instalacións e os aparatos necesarios para a produción e a transmisión mediante unha antena de programas de radio e televisión. Estes poden orixinarse na propia emisora ou estación (boletíns de noticias, crónicas, reportaxes e entrevistas, proxección de películas, actuación de artistas e de conferenciantes nos estudios da propia emisora) ou ben fóra, realizados por equipos móbiles enlazados coa emisora. A potencia de saída, é dicir, a enerxía radiada pola antena, determina o alcance da emisora.

Palabras veciñas

emisividade | emisivo -va | emisor -ra | emisora | emitancia | emitir | emitrón