emisor -ra
emisor -ra
(< lat emissōre)
-
adx e s
Que ou quen emite.
Ex: Solicitoulle información á entidade emisora das accións.
-
s
m
[FÍS]
Electrodo que está entre os principais dun transistor.
-
s
m
[TECNOL]
Aparato destinado a emitir ondas electromagnéticas co fin de transmitir unha determinada información.
-
s
[LING]
Persoa que intervén no proceso da comunicación e produce un enunciado ou mensaxe destinada a outro, chamado receptor ou destinatario. Xeralmente, emprégase en masculino.