emisión
(< lat emissĭōne)
-
s
f
Acción de emitir.
-
s
f
Cousa que se emite.
-
s
f
[COMUN]
-
Liberación de enerxía radiante en forma de ondas electromagnéticas a velocidade practicamente equivalente á da luz e de lonxitude de onda constante para cada emisora, moduladas en amplitude ou en frecuencia e destinadas á transmisión dunha información.
-
Programa de radio ou televisión que se emite de forma ininterrompida.
-
-
[FÍS]
-
s
f
Produción nun punto dado e transmisión ao espazo de materia ou de radiacións.
-
emisión de sincrotrón
Tipo de radiación non térmica, xerada por electróns e outras partículas cargadas que trazan espirais ao redor das liñas do campo magnético, case á velocidade da luz.
-
emisión electrónica
Liberación de electróns dunha superficie cara ao espazo que a rodea. Pode ser primaria, cando é o resultado do aumento da temperatura da superficie, da incidencia da enerxía radiante ou dun campo eléctrico no que se implica a superficie considerada, e secundaria, cando é consecuencia do bombardeo dunha superficie con electróns ou ións. Na emisión termoelectrónica, un corpo a alta temperatura e en determinadas circunstancias pode liberar electróns, o que se coñece como efecto termoelectrónico. Na emisión fotoelectrónica, a incidencia de enerxía radiante sobre certos corpos pode producir a liberación de electróns.
-
emisión estimulada
Liberación dunha onda producida pola acción dunha radiación sobre a emisión propia dun material. A radiación estimulante determina a fase e a amplitude da onda estimulada.
-
emisión non térmica
Radiación electromagnética producida por varios procesos, incluída a radiación de sincrotrón. O esquema característico dunha emisión non térmica é o incremento da súa intensidade a medida que aumenta a frecuencia.
-
emisión térmica
Radiación electromagnética producida por procesos relacionados coa calor. Caracterízase por un esquema de emisión que cae en intensidade a medida que aumenta a frecuencia.
-
s
f
-
s
f
[MÚS]
Produción de sons musicais con instrumentos ou coa voz.
-
[ECON]
-
s
f
Operación que consiste en poñer en circulación moeda, títulos, valores, efectos públicos, de comercio ou bancarios.
-
emisión de diñeiro
Creación e posta en circulación de cartos por parte do Estado que pode cuñar de maneira directa os metais monetarios ou darlles eses privilexios aos bancos de emisión, xeralmente a un. En España esta misión confióuselle ao Banco de España que, como banco central e emisor, é o encargado de regular o volume de diñeiro en circulación. A cuñaxe de moeda e a impresión de billetes efectúase na Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.
-
emisión de títulos
Creación e posta á venda pública, de maneira directa ou a través dos bancos, de accións ou obrigacións por parte das empresas ou de títulos ou efectos públicos do Estado. Os títulos pódense emitir cunha prima ou cunha perda de emisión, segundo que o seu valor nominal sexa inferior ou superior ao da venda, respectivamente.
-
s
f
-
s
f
[LIT]
Grupo de exemplares dunha mesma edición que amosan variantes fronte a outro grupo desa edición. Ás veces cambia a portada, o tipo de papel, o tamaño, o número de páxinas (no caso de engadir un apéndice) ou o nome do editor (nunha coedición).
-
s
f
[FILAT]
Conxunto de selos cun mesmo motivo que se poñen en circulación simultaneamente.