empatía

empatía

(

  1. s f [PSIC]

    Facultade que ten unha persoa de comprender as emocións e os sentimentos externos por un proceso de identificación co obxecto, co grupo ou co individuo co que se relaciona.

  2. s f [ESPECT]

    Proceso de identificación, a través da catarese e da admiración, que se produce entre o público e os personaxes do espectáculo teatral. Establécese, fundamentalmente, entre o público e o protagonista, en ocasións presentado como un heroe e como un ideal de conduta, feito que permitiu que o teatro servise como instrumento para a transmisión de normas, principios e valores. Fronte á identificación e como crítica a ese efecto de comuñón emocional ou ideolóxica, Bertolt Brecht propuxo o distanciamento, que procura unha visión crítica dos mundos dramáticos recreados en escena na súa relación coa realidade histórica.

Palabras veciñas

empatadura | empatar | empate | empatía | empavesada | empavesar | empecadado -da