Empresarios
Empresarios
[PUBLIC]
Revista trimestral aparecida en Santiago de Compostela a partir de maio de 1994. Editada pola Confederación de Empresarios de Galicia e dirixida por María Méndez González, pretende divulgar as novidades e os servicios que ofrece a devandita organización. Ademais, inclúe información sobre acontecementos de micro e macroeconomía, especialmente no referente ás PEME. Analiza instrumentos e medidas de carácter fiscal, financeiro, laboral e económico que poden utilizar as empresas e ofrece datos sobre disposicións lexislativas. Edítanse tamén artigos sobre feiras, incentivos e ofertas de cooperación empresarial no ámbito da Unión Europea.