Empresarios gallegos en Madrid, Asociación de
Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.