enarxita

enarxita
s f [MINERAL]

Sulfuro de cobre e arsénico, de fórmula Cu3AsS4. Cristaliza no sistema rómbico en cristais, polo xeral tabulares ou prismáticos, e tamén a miúdo en masas granulares. É fráxil, ten unha dureza de 3 e unha densidade de 4,45. A súa cor é negra agrisada ou negra férrea e é opaco. Emprégase para a obtención do cobre.

Palabras veciñas

enarborado -da | enarborar | enartrose | enarxita | enaugadoiro | enaugar | encabado -da