encarnación
(< latencarnatĭōne)
-
s
f
Acción de encarnar ou encarnarse.
-
s
f
[RELIX]
Dogma segundo o cal o Verbo de Deus se manifesta en Cristo por unión hipostática, de tal forma que este, sen perder a súa natureza divina, se fixo home (carne). A idea xenérica dun ser divino que entra na carne (nun corpo humano) pertence ao patrimonio relixioso común no ámbito complexo das manifestacións da divindade. Na formación do concepto cristián da Encarnación foron decisivos, por un lado, a linguaxe bíblica, que a miúdo denomina carne á realidade humana total (corpo e espírito) e, polo outro, a expresión de san Xoán Evanxelista, que escribiu: “o Verbo fíxose carne”. Desta forma articúlase o misterio da Encarnación pola que Cristo contén dúas naturezas: o Cristo-Deus, derivado da natureza divina, e o Cristo-home, derivado da natureza humana. Os tratados teolóxicos encargados de estudar a Encarnación son a cristoloxía, que profundiza na constitución interna de Cristo, e a soterioloxía, que intenta establecer as relacións de Deus coa redención dos homes. Ireneo de Lyon cuñou a expresión “encarnación do Verbo de Deus”, que se asentou progresivamente. A aparición do arianismo e do apolinarismo, que coinciden, en materia cristolóxica, en defender a substitución da alma humana de Cristo polo Verbo de Deus, fixo perigoso o emprego da noción encarnación: o Verbo encarnaríase nun corpo e non nun home (sen alma non hai home verdadeiro). Malia todo, a noción de encarnación mantívose como elemento básico da cristoloxía, acompañada, xa desde o Concilio de Nicea (325), da advertencia de que “encarnación” equivalía a “humanización”: o Verbo de Deus fíxose verdadeiramente home completo e real. Como consecuencia, no Concilio de Nicea o arianisno foi considerado herético, polo que Ario e os seus seguidores foron excomungados. Os gnósticos, que partían do principio de que todo o material era malo, negaban a condición humana de Cristo e sostiñan que o seu corpo era aparente e fantástico. Os apolinaristas admitían a realidade do corpo de Cristo pero negaban que tivese alma humana, porque segundo eles era o Verbo. OBS: Débese escribir en maiúsculas.
-
s
f
Representación material dunha determinada idea.
Ex: Ese home é a encarnación da ira.
-
[ARTE]
-
s
f
Cor que se lle dá á carne humana na pintura e na escultura.
Sinónimos: carnación. -
encarnación de pulimento
Encarnación que é brunida e lustrosa.
-
encarnación mate
Encarnación que non é brunida.
-
s
f
-
s
f
[HERÁLD]
Esmalte neutro ou cor natural, non heráldica, coa que se representan nos escudos as partes denudas do corpo humano.
Sinónimos: carnación. -
ano da Encarnación
[CRON/HIST]
ano.