encefalite
encefalite
(< encéfalo + -ite)
s
f
[PAT]
Enfermidade inflamatoria do encéfalo causada xeralmente pola invasión dun virus ou doutro xerme no tecido cerebral, ou tamén por unha reacción de hipersensibilidade. Se ademais do encéfalo tamén está afectada a medula espiñal, prodúcese o que se coñece co nome de encefalomielite. O número de axentes víricos causantes é moi alto, pero destacan, sobre todo, o grupo dos herpesvirus.