enclave

enclave

(< fr enclave)

  1. s m
    1. [ADM]

      Territorio baixo a soberanía dun Estado ou baixo a xurisdición de calquera tipo de circunscrición (municipio, diocese, parroquia, provincia, etc), incluído dentro dos límites doutro, sexa por razóns históricas, culturais, relixiosas ou políticas.

    2. [ECOL]

      Territorio incluído noutro con diferentes características ecolóxicas.

  2. s m

    Grupo étnico ou ideolóxico inserido noutro de características diferentes.

  3. s m [XEOL]

    Restos de intrusións, en parte transformadas, observables nas rochas endóxenas. Orixínanse cando un magma, ao subir á litosfera, encontra rochas -de química diferente ás que o orixinaron- que son asimiladas por el.

  4. enclave lingüístico [LING]
    1. Área na que se fala unha lingua distinta da que se fala na área circundante. Así pode considerarse a fala das zonas de Eljas, Valverde del Fresno e San Martín de Trevejo, en Cáceres, como un enclave lingüístico do galego no castelán; ou por exemplo o alguerés, que se fala en Alghero (illa de Sardeña), do catalán no sardo.

    2. Porción territorial dun dominio lingüístico comprendida dentro doutro territorio político. Así, o aranés, que se fala no Val d’Aran, é un enclave lingüístico do gascón nun dominio politicamente español.

Palabras veciñas

enclaustramento | enclaustrar | enclavar | enclave | Enclave | énclise | enclítico -ca