énclise

énclise

(< gr ἕγκλισις  ‘inclinación’)

s f [LING]

Fenómeno gramatical polo que unha palabra, xeralmente átona, se une a outra precedente que leva o acento dominante e coa que forma unha única unidade acentual. Por exemplo, en galego, en cómeo hai énclise do pronome o e en díxochemo, dos pronomes che e m(e) + o; en latín, por exemplo, hai énclise da partícula latina que en Dei hominesque (‘os deuses e os homes’).

Palabras veciñas

enclavar | enclave | Enclave | énclise | enclítico -ca | enclosure* | Encobert, l’