enclosure*
enclosure*
s
f
[HIST]
Proceso de cerramento de terras e de substitución da propiedade agraria colectiva pola individual que tivo lugar en Inglaterra. Iniciouse coa depresión agrícola da Baixa Idade Media, cando o descenso no prezo do trigo e os bos rendementos das exportacións de la inglesa, animaron os propietarios a converter a terra arable en pastos que cercaban, abandonando progresivamente o sistema de open fields e provocando un alto grao de despoboamento. O proceso acelerouse no s XVIII e durou ata entrado o s XIX. Considérase un dos factores importantes nos inicios da Revolución Industrial inglesa ao provocar unha emigración masiva de campesiños ás cidades, onde se converteron en man de obra barata para a industria.