encrucillada
(< cruz)
-
s
f
[ETN]
Punto onde se produce o cruzamento de dous lugares ou camiños. O seu valor mítico pervive desde o tempo dos prerromanos. Segundo a tradición popular, nese lugar enterraban nenos mortos sen bautizar, por iso crese que durante a noite vagan por elas as almas dos condenados. Considéranse espacios perigosos onde roldan as almas ruíns e onde se pode levar a cabo a unión sexual co demo. Aínda hoxe, para realizar certos feitizos e curar algunhas doenzas atribuídas a meigallos, adóitase levar alí os enfermos. O cristianismo encargouse de agochar esta superstición e alí mesmo foron construídos cruceiros e petos de ánimas onde, ás veces, se pousaban os mortos antes de ser enterrados.
-
s
f
Situación difícil na que se atopa alguén que non sabe qué determinación debe tomar ou qué camiño seguir.
Ex: Comprar un piso ou facer unha casa, era para ela unha encrucillada da que non sabía saír.