Ende, Michael
Escritor alemán. Estudiou na Escola de Teatro de Cámara de Múnic e foi actor profesional e crítico de cine. A súa obra insírese principalmente no xénero fantástico e imaxinativo, e na literatura infantil. Destacou con novelas como Jim Knopf und Lukas der Lokomotivfürer (Jim Boton e Lucas o maquinista, 1960), Momo (1973), Die unendliche Geschichte (A historia interminable, 1979), Der Spiegel im Spiegel (O espello no espello, 1984) e Der lange Weg nach Santa Cruz (O longo camiño a Santa Cruz, 1992). En Galicia realizáronse dous espectáculos a partir de textos narrativos seus. O primeiro, con versión e dirección de Celso Parada, tomou como pretexto a novela Momo e foi estreado polo Grupo Estable do Instituto María Soliño de Cangas en 1984; o segundo, O ponche dos desexos, foi producido por Kalandraka Teatro en 1992, con dirección de Emilio Goyanes e partiu de diversos textos, entre eles da novela homónima.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Garmisch -
Deceso
Lugar : Patenkirchen, Baviera -
Deceso
Lugar : Fiderstadt