endometrio

endometrio

(

s m [ANAT]

Membrana mucosa que tapiza   a parede interna do útero dos mamíferos. Ten unha capa superficial de células ciliadas e secretoras de moco, que é a que se escama durante a menstruación, e unha capa basal, formada por tecido conxuntivo. A súa estrutura sofre variacións periódicas, de acordo co ciclo menstrual, con hipertrofia progresiva durante o ciclo, e con isquemia dos vasos e eliminación ao exterior ao final do ciclo, se o óvulo fecundado non se implantou. Se o óvulo se implanta, transfórmase e adquire unha nova estrutura que recibe o nome de decidua.