endometrite
endometrite
(< endometrio + -ite)
s
f
[PAT]
Proceso inflamatorio de orixe infecciosa que se localiza no endometrio. Pode evolucionar dando lugar a complicacións locais graves, como absceso uterino, metrorraxia, flebite pelviana ou salpinxite, ou distantes, como a peritonite ou as septicemias. No ser humano pode estar causada por patóxenos oportunistas como a Pseudomona aeruginosa, Klebsiella pneumoniae ou especies do xénero Streptococcus.