endoscopia
endoscopia
(< endo- + -scopia)
s
f
[MED]
Exame ou inspección feita cun endoscopio da superficie interna das cavidades, dos órganos que conteñen e dos condutos do organismo, como os intestinos ou os órganos reprodutores. Pola maneira de recoller a imaxe, pode ser directa, se a zona que se vai explorar xa forma naturalmente unha cavidade, ou indirecta, se se emprega un gas ou un líquido para formar unha cavidade e poder levar a cabo a exploración. Emprégase con fins diagnósticos e terapéuticos.