endoscopio
endoscopio
(
s
m
[TECNOL/MED]
Instrumento que se utiliza na práctica da endoscopia. Dos antigos endoscopios métalicos e ríxidos pasouse á utilización estendida duns instrumentos con tubos flexibles de fibra óptica e, posteriormente, á endoscopia por sensor ou videoendoscopia. Reciben nomes específicos segundo o órgano ao que se lle aplica: colonoscopio, ao colón; citoscopio, á vexiga; gastroscopio, ao estómago; broncoscopio, aos pulmóns, etc.