endotelio

endotelio

(< endo- + gr ϴηλή  ‘mamila’)

s m [BIOL]

Capa delgada de células aplanadas, poligonais e dispostas en mosaico que tapizan a cara interna dos vasos sanguíneos e linfáticos, das membranas serosas e das cavidades sinoviais. Algunhas destas células están especialmente adaptadas para a fagocitose. A súa orixe é endodérmica.