endotérmico -ca
endotérmico -ca
(< endo- + térmico)
-
adx
Que absorbe calor.
-
composto endotérmico
[QUÍM]
Substancia que se obtén por reacción endotérmica e que libera calor ao descompoñerse.
-
proceso endotérmico
[QUÍM]
Conxunto de cambios físico-químicos que sofre unha substancia nos que esta absorbe calor, que se almacena en forma de enerxía interna.
-
reacción endotérmica
[QUÍM]
Reacción química que ten lugar con absorción de calor.