enganche
(
-
s
m
Acción de enganchar ou engancharse.
-
s
m
-
Peza ou aparello que serve para enganchar unha cousa a outra.
Ex: Rompeume o enganche da pulseira e agora non a podo abrochar.
-
[TRANSP]
Peza colocada na parte traseira do automóbil que permite engancharlle un remolque.
-
[TRANSP]
Dispositivo situado no extremo dos vehículos ferroviarios que serve para unilos entre si, dar continuidade ao tren e transmitir o esforzo da tracción. O enganche automático permite o encaixamento e desencaixamento sen que ninguén teña que introducirse entre os vehículos; ademais, leva incorporados os conectores para os diferentes circuítos (eléctricos, pneumáticos de freo, de calefacción, etc). O enganche manual consiste en ganchos unidos por un tensor enroscado; é o máis utilizado para os vagóns de carga, aínda que por un acordo internacional se tende a substituílo por enganches automáticos.
-