enganche

enganche

(

  1. s m

    Acción de enganchar ou engancharse.

  2. s m
    1. Peza ou aparello que serve para enganchar unha cousa a outra.

      Ex: Rompeume o enganche da pulseira e agora non a podo abrochar.

    2. [TRANSP]

      Peza colocada na parte traseira do automóbil que permite engancharlle un remolque.

    3. [TRANSP]

      Dispositivo situado no extremo dos vehículos ferroviarios que serve para unilos entre si, dar continuidade ao tren e transmitir o esforzo da tracción. O enganche automático permite o encaixamento e desencaixamento sen que ninguén teña que introducirse entre os vehículos; ademais, leva incorporados os conectores para os diferentes circuítos (eléctricos, pneumáticos de freo, de calefacción, etc). O enganche manual consiste en ganchos unidos por un tensor enroscado; é o máis utilizado para os vagóns de carga, aínda que por un acordo internacional se tende a substituílo por enganches automáticos.

Palabras veciñas

enganar | enganchador -ra | enganchar | enganche | enganido -da | engano | Engano, O