Enrique II de Inglaterra

Enrique II de Inglaterra

Rei de Inglaterra (1154-1189), duque de Normandie e señor de Maine, Anjou e Turena,   fillo do conde Godofredo V Plantagenet e de Matilde, filla de Enrique I de Inglaterra. Casou con Leonor de Aquitania (1152), polo que adquiriu os territorios de Aquitania, Poitou, Perigord e Gascuña. Impúxose como herdeiro do seu tío Estevo I de Inglaterra e engadiu as súas posesións á coroa inglesa. Loitou contra os privilexios da Igrexa e da nobreza para fortalecer a monarquía e polas Constitucións de Clarendon (1164) recuperou o dominio sobre a Igrexa. Tralo asasinato de Thomas Becket, arcebispo de Canterbury (1170), rectificou na cuestión da xurisdición eclesiástica. Someteu Gales, Irlanda (1172) e Escocia (1175) á súa soberanía. Impúxose sobre os nobres, apoiados pola súa muller e polos seus fillos (1174), e desenvolveu a figura do sheriff, que impartía xustiza en nome do rei segundo a common law. Mantivo unha disputa constante co monarca francés Luís VII. Na fin do seu reinado producíronse loitas entre os seus fillos pola súa sucesión, nas que triunfou Riccardo Corazón de León.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Le Mans

  • Deceso

    Lugar : Chinon