Enrique III de Castela o Doente
Enrique III de Castela o Doente
Rei de Castela e León (1390-1406), fillo de Xoán I e Leonor de Aragón. Durante a súa minoría de idade producíronse violentos enfrontamentos polo poder entre a alta nobreza, a familia dos Trastámara, os arcebispos de Toledo e de Santiago e as cidades. Os nobres e cabaleiros de segunda fila proclamaron a súa maioría de idade (1393) e, apoiándose neles e nos corrixidores, recuperou o control fronte aos grandes señores, como os Trastámara e o arcebispo de Santiago, Xoán García Manrique, que fora titor do rei. Mantivo alianzas con Francia e estableceu vínculos con Inglaterra, reforzados pola súa voda con Catarina de Lancaster. Favoreceu a expansión comercial castelá polo Atlántico e o Mediterráneo e adquiriu as Canarias (1402).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Burgos -
Deceso
Lugar : Toledo