Enrique IV
Emperador romano-xermánico (1056-1105), rei de Alemaña (1053) e de Italia (1081). Sucedeu o seu pai Enrique III baixo a rexencia da súa nai, Inés de Poitiers, e dos bispos Annon de Colonia e Adalberto de Bremen. Acadou a maioría de idade no 1066 e esforzouse por reforzar o poder do monarca, ao tempo que favorecía as cidades, sometía á vasalaxe a Polonia e dominaba os saxóns (1075). Enfrontado co Papa Gregorio VII pola cuestión das investiduras, destituíuno no Concilio de Worms (1076), e este respondeu coa súa excomuñón. Rodolfo de Suabia aproveitou as revoltas políticas e relixiosas para rebelarse e o emperador reconciliouse co papa no castelo de Canossa (1077). Excomungado de novo (1085), decidiu nomear un antipapa, Clemente III. Ao morrer Gregorio VII (1085), os papas Víctor III e Urbano II continuaron a súa liña e o emperador foi obrigado a abdicar.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Goslar, Saxonia -
Deceso
Lugar : Liexa