Enrique IV de Castela o Impotente
Rei de Castela e León (1454-1474), fillo de Xoán II de Castela. Dominado polo seu valido Juan Pacheco, marqués de Villena, buscou a alianza con Portugal por medio do casamento con Xoana, irmá do Rei Afonso V. Apoiou os rebeldes cataláns contra Xoán II de Aragón (1458-1479) e a Generalitat de Catalunya ofreceulle o trono en 1462. A súa renuncia (1463), ante unha posible intervención francesa, pois Luís XI de Francia era aliado do monarca aragonés, provocou a caída do valido e a súa substitución por Beltrán de la Cueva. En 1465 un grupo de nobres rebeldes depúxoo nunha cerimonia burlesca, coñecida como a Farsa de Ávila, e proclamou no seu lugar o seu irmán, o infante Afonso. Non obstante , a prematura morte do infante, obrigou a liga nobiliaria a apoiar a candidatura da súa irmá Isabel. No Pacto dos Toros de Guisando (1468), o monarca proclamou herdeira a Isabel en detrimento da súa filla Xoana, aínda que pouco antes de morrer designou a Xoana como herdeira. Organizou varias campañas contra o Reino de Granada.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Valladolid -
Deceso
Lugar : Madrid