Enrique IV de Francia
Rei de Francia (1589-1610), primeiro da dinastía Borbón, e de Navarra (1572-1610), príncipe de Bearn, conde de Foix, de Bigorre e de Armagnac, duque de Vendôme e de Albret, fillo de Xoana III de Navarra e de Antonio de Borbón. Xefe do partido hugonote desde 1569, foi proclamado herdeiro ao trono francés en 1584. Durante a Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), enfrontouse aos partidarios de Enrique de Guise e da Liga Católica, aos que finalmente derrotou en Ivry (1590). Aliouse cos príncipes protestantes alemáns, con Isabel I de Inglaterra e con Enrique III de Francia, co que asediou París. En 1593 converteuse ao catolicismo e foi recoñecido como rei. En 1598 asinou a Paz de Vervins coa Coroa de España e, polo Edito de Nantes, declarou o catolicismo como relixión oficial de Francia, aínda que lles asegurou a liberdade de culto aos protestantes. Unha vez instaurada a paz, reorganizou o Estado, consolidou o poder rexio e fomentou o comercio.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pau -
Deceso
Lugar : París