Enrique V

Enrique V

Emperador romano-xermánico (1106-1125) e   rei de Alemaña (1099). Coa axuda da Igrexa e da nobreza sublevouse contra o seu pai Enrique IV, a quen obrigou a abdicar (1105). Continuou a política de intervención nos nomeamentos eclesiásticos do seu pai e foi excomungado polo Papa Pascual II (1112), o que provocou unha sublevación dos príncipes saxóns e turinxios que o derrotaron. En 1122 asinou o Concordato de Worms co Papa Calisto II, que puxo fin ao conflito entre a Igrexa e o Imperio Xermánico. Trala súa morte, Alemaña converteuse nunha anarquía feudal.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Goslar, Saxonia

  • Deceso

    Lugar : Utrecht