Enrique VII de Inglaterra
Rei de Inglaterra (1485-1509), primeiro da dinastía Tudor. Exiliado durante a súa mocidade en Francia, accedeu ao trono inglés trala vitoria na Batalla de Bosworth Field (1485), na que venceu a Ricardo III e puxo fin á Guerra das Dúas Rosas. Para afianzar a paz, casou con Isabel de York. Durante o seu reinado enfrontouse ás revoltas de Lambert Simnel (1487) e Perkin Warbeck (1491-1499), e buscou a unión coa monarquía escocesa por medio do matrimonio da súa filla Margarida con Xaime IV de Escocia. Creou o Committee of the Privy Council e o Court of the Star Chamber, instaurou a lexislación inglesa en Irlanda (1494) e realizou unha reforma fiscal que permitiu un maior desenvolvemento do comercio da la con Flandres. En política exterior buscou o achegamento á coroa española por medio do casamento do seu fillo Enrique con Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos, e asinou un tratado con Carlos VIII de Francia (1492).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pembroke -
Deceso
Lugar : Richmond, Surrey