Enrique de Borgoña

Enrique de Borgoña

Conde de Besançon e de Portugal, fillo do duque Enrique de Borgoña. Acudiu á Península Ibérica xunto con outros cruzados francos e normandos para participar nas loitas de Afonso VI de Castela contra os almorábides. Destacou nas conquistas de Coimbra, Santarém e Toledo (1085) e, en recoñecemento polas súas actuacións, recibiu a man de Tareixa (1095), filla ilexítima do monarca, e como dote os territorios comprendidos entre os ríos Miño e Texo, baixo a modalidade de iure hereditario. En 1097 converteuse en conde de Portugal e, baixo o seu goberno, o territorio adquiriu un carácter autónomo. Obtivo de Roma a elevación de Braga a sé do arcebispado. Enfrontouse cos almorábides que lle arrebataron Lisboa (1094) e Santarém (1111). Ao morrer Afonso VI (1109) aproveitou as loitas dinásticas no reinado de Urraca de Castela e León e declarouse soberano independente. Apoiou a raíña contra Afonso I o Batallador, aspirante ao trono, pero tratando de asegurar a independencia do seu condado. Trala súa morte no Sitio de Astorga, a súa muller nomeouse soberana independente e loitou contra Urraca, que non a recoñecía. O seu fillo, Afonso Henriques, foi o primeiro rei independente de Portugal.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dijon

  • Deceso

    Lugar : Astorga