Enríquez, Enrique
Enríquez, Enrique
Conde de Alba de Liste, tío da Raíña Isabel a Católica. Home de confianza da corte, nomeárono presidente e gobernador de Galicia o 8 de novembro de 1475. Abandonou temporalmente o cargo para participar na Batalla de Toro. En outubro de 1476, de volta no seu cargo, interveu como mediador no conflito entre o conde de Caminha e o arcebispo compostelán Alonso de Fonseca. Deixou o cargo en 1477 para retirarse a Castela.