Enríquez de Castro, Pedro

Enríquez de Castro, Pedro

Condestable de Castela, conde de Lemos, Sarria, Trastámara, do Bolo e Viana, señor de Villafranca e Ponferrada. Coñecido tamén como Pedro de Trastámara, Pedro Téllez e Pedro de Castela, en 1371 recibiu do Rei Enrique II o título de conde de Lemos. En 1372 o arcebispo don Rodrigo concedeulle o cargo de pertegueiro maior da terra e igrexa de Santiago. Durante o exercicio do seu cargo cometeu numerosos actos de violencia, apoderouse de terras e dispuxo de xuíces e, como castigo aos seus excesos de poder, o Rei Xoán I, o seu curmán, relevouno do cargo en 1383. En 1384 participou na guerra contra Portugal, onde se puxo en dúbida a súa lealdade ao rei. Condenado ao desterro, marchou exiliado a Francia. Ao rematar a guerra restituíronselle todas as súas posesións. En 1390 participou nas deliberacións sobre a minoría de idade de Enrique III. Está sepultado no convento de San Francisco de Lugo.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Ourense