entalpía

entalpía

(

Nome científico: [H]
s f [FÍS/QUÍM]

Magnitude termodinámica que é función de estado do sistema físico considerado. Por definición H=U+pV, onde H é a entalpía, U a enerxía interna, p a presión e V o volume. Nun proceso a presión constante, como é un recipiente aberto no que actúa sempre a presión atmosférica, as variacións de entalpía miden o intercambio de calor entre o sistema e o medio que o envolve. Nunha transformación a temperatura e presión constantes, a entalpía mide o traballo máximo útil desenvolvido por un sistema, e tamén, no estudo da cinética química, a afinidade da reacción.

Palabras veciñas

entalladura | entallamento | entallar | entalpía | entambullar | Entamoeba | entangarañar