enterite

enterite

(

  1. [PAT]
    1. s f

      Proceso inflamatorio do intestino, especialmente do intestino delgado, que se produce por diversas causas: infecciosas, tóxicas, parasitarias, etc. A miúdo acompáñase dunha afección do estómago, e constitúe unha gastroenterite, ou do intestino groso, co que constitúe unha enterocolite. A enterite pode ser aguda ou crónica, e os seus síntomas máis frecuentes son diarrea, febre, deshidratación ou dores abdominais.

    2. enterite rexional

      Enfermidade inflamatoria crónica do intestino delgado, sobre todo da parte final do íleo, pero que ás veces pode afectar ao colon, como na colite granulomatosa, e a outras zonas do tracto gastrointestinal. A súa causa é descoñecida. A lesión inflamatoria afecta a todo o groso da parede do intestino e determina a formación de granulomas e úlceras e, máis tarde, de fibrose. Tamén recibe o nome de ileíte terminal ou rexional e enfermidade de Crohn.

  2. s f [VETER]

    Proceso inflamatorio moi frecuente nos animais, especialmente nos bovinos e nos equinos, que se ven afectados polo bacilo da especie Mycobacterium paratuberculosis, que produce unha enterite paratuberculosa grave, crónica e infecciosa, acompañada de diarrea e dun adelgazamento, que produce a morte.

Palabras veciñas

enteral | enteralxia | entérico -ca | enterite | entero- | enteroanastomose | Enterobacter