Enterobacter
Enterobacter
[MONERA]
Xénero de bacilos Gram-negativos da familia das enterobacteriáceas que fermentan a lactosa e, como resultado da fermentación, producen 2,3-butanediol. Viven na auga, no solo e no intestino humano e no doutros animais. Poden ser patóxenas e producir cistite, pielonefrite, pleuresía e meninxite.