Entomyzon
Entomyzon
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero da familia dos melifáxidos ao que pertence a especie E. cyanotis, de ata 32 cm de lonxitude, caracterizada por presentar a cabeza de cor negra con áreas desplumadas e dunha viva cor azul; as partes superiores acastañadas douradas e as inferiores brancas. Aliméntase principalmente de néctar, froitos e insectos. A especie é propia de bosques e matogueiras, dende o S de Nova Guinea ata o N e L de Australia.