enunciado -da

enunciado -da

(< enunciar)

  1. p reg

    de enunciar.

  2. s m
    1. Efecto de enunciar.

      Ex: Fixo o enunciado dos principais puntos.

      Confrontacións: enunciación.
    2. Fórmula coa que se enuncia un problema ou un teorema.

      Ex: Copiou mal o enunciado do problema.

  3. s m [LING]
    1. Segmento finito da cadea falada, comprendido entre dúas interrupcións -de silencio ou de cambio de falante-.

    2. Expresión, segundo a escola de Praga, dunha reacción de quen fala ou escribe fronte a unha realidade concreta ou abstracta. Actualiza as posibilidades gramaticais da lingua na súa forma, e, dende o punto de vista de quen fala ou escribe, é completo.

Palabras veciñas

enumerar | enumerativo -va | enunciación | enunciado -da | enunciar | enunciativo -va | enurese