Enxebre

Enxebre

Publicación en galego aparecida o 22 de xullo de 1984 na localidade suíza de Aarau. Voceira do Grupo Galego de Aarau, no seu consello editorial participaron X. Salgueiro, X. Reboleiras, Xoán Rodríguez, Enrique González e M. Palmeiro. Pretendía, basicamente, achegar a realidade da sociedade aos seus membros (actividades e xuntanzas). Tamén incluíu información sobre a sociedade galega en xeral e artigos de carácter cultural.