epibatidina

epibatidina
Nome científico: [C<sub> 11</sub> H<sub> 13</sub> N<sub> 2</sub> Cl]
s f [BIOQ]

Analxésico illado da pel dunha ra ecuatoriana da especie Epipedobates tricolor en 1976 por John William Daly, científico estadounidense do National Institutes of Health. Trátase dun alcaloide que ten un poder analxésico semellante ao da morfina, pero unhas 200 veces máis potente ca esta. A actividade deste alcaloide baséase na súa afinidade polos receptores nicotínicos humanos. Pódese sintetizar de forma artificial a partir dun aminoácido, a serina.

Palabras veciñas

Ephippiorhynchus | Éphrussi, Boris | epi- | epibatidina | epibionte | epibiose | epiblástico -ca